1Roberto1122
Nestes momentos estou a ler a obra de Homero, Odisea (http://gl.wikipedia.org/wiki/Odisea) en tradución de Gonzalo Rudiño que editou en 2007 a editorial Toxosoutos. Non é a primeira tradución ao galego, fóra de versións parciais, foi Evaristo de Sela o primeiro en traducila en 1992 editada polo Consello de Cultura Galega. Non podo comparar a tradución de Rudiño coa de Evaristo de Sela xa que esta última non a coñezo, pero o certo é a que a de Toxosoutos precisaba unha revisión, hai algúns fallos que semellan de edición mais que da propia tradución, por exemplo a acentuación (así collida ao chou "tratarémos") pero outros teñen difícil xustificación (como o castelanismo "hado" no canto do galego fado). Non quero con isto desmerecer a tradución que me pareceu digna de eloxio, tan só chamar a atención que unha tradución dun clásico ten que ser tamén un referente que reafirme a lingua.

