The Money-Order
by Ousmane Sembène
On This Page
Tags
Recommendations
Member Reviews
A obra do autor senegalés Ousmane Sembène (1923-2007) transcende o meramente literario xa que ademais de autor de obras como O estibador negro, coa que comeza a súa carreira literaria, publicou outras como Le docker noir en 1956, Oh pays, mon beau peuple ou Les bouts de bois de Dieu…. Paralelamente, Sembène é considerado o patriarca do cinema africano, dirixindo no 1966 o filme A negra de…, a primeira longametraxe africana á que seguen outros filmes e curtametraxes.
A súa preferencia polo cinema fronte á literatura vén dada pola reflexión, logo de vivir en Europa, de que os libros non chegaban á poboación africana debido ao alto grao de analfabetismo e polo seu prezo inalcanzábel para o minguado poder adquisitivo dos show more cidadáns africanos. Daí que considere que o mecanismo máis eficaz para transmitir a súa mensaxe sexa o cinema, arte máis popular e directa coa que , ademais, podía falarlle ao pobo na súa propia lingua.
Sembène entendeu que o seu traballo de escritor e cineasta debía consistir nunha especie de misión pedagóxica destinada a expor diante dos seus compatriotas as inxustizas sufridas ao longo dos séculos polos pobos de África.
A nosa proposta de leitura é unha narración curta titulada O xiro postal (1966), traducida ao galego por Isabel García Fernández para a editorial Rinoceronte.
Nesta obra cóntasenos como a chegada dun xiro postal, procedente de Francia, altera a rutina dun bairro pobre de Dakar dos anos 60. Toda a veciñanza espera atopar nestes cartos unha saída á súa vida miserenta, chea de débedas e privacións. A través das dificultades de Dieng, o protagonista, para cobrar o xiro postal, o autor oferécenos un retrato cruel do Senegal desa época, no que aínda se manteñen as estruturas sociais e económicas da época colonial á vez que denuncia a hipocrisía, a corrupción, o analfabetismo e o parasitismo dunha sociedade que necesariamente ten de cambiar e reaccionar fronte a tantas adversidades.
Sara Sánchez show less

Mar 16, 2010Portuguese (Portugal)
Ratings
Members
- Recently Added By
Author Information
Work Relationships
Is contained in
Has the adaptation
Common Knowledge
- Canonical title
- The Money-Order
- Original title
- Le mandat
- Original publication date
- 1966
Classifications
Statistics
- Members
- 29
- Popularity
- 948,335
- Reviews
- 1
- Rating
- (3.75)
- Languages
- 5 — Dutch, English, German, Galician, Italian
- Media
- Paper
- ISBNs
- 4
- ASINs
- 1